Colaboradorxs

Estas son as personiñas que colaboran no noso primeiro fanzine:

Miguel Rodríguez Otero (@kbzolo_)

A miña avoa sempre me chamou neno, pero son Miguel, amante dos bistés, da siesta e da música. 

Carla González Fontán (@nadie_gonzalez)

Nadie González nace como alter-ego de Carla González Fontán en 2017, e vai tomando formas distintas. Nadie é todo o que Carla non se atreve a ser en público, un nome anónimo para un proxecto artístico á vista de todes. 
Afeccionada a facer cousas que non sei facer; como música, cantar, rapear, facer fotos, editar videos, escribir poemas e cagarme en cristo bendito, de momento.

Diego Ferral Ramírez (@ferral_y_ramirez)

Lo difícil es encontrar el equilibrio entre lo que nos gusta y lo que no nos gusta hacer, pero más difícil es hacerse consciente de que éste es un paso imprescindible, y yo ya estoy en ese punto.
No sé dibujar ni escribir, y hago las dos cosas. Ambas cada vez más a menudo.

Marinha Paradelo Veiga (@_marinhapv)

Son Marinha, tenho 21 anos e nacín en Ourense. Hai tres anos deixei unha enxeñaría e metinme en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios e agora odio aos enxeñeiros e aos filólogos. Escribo, tomo todas as persoas do mundo, desde que aprendín a escribir. Son unha poeta publicada grazas a que me presentei a un concurso de poesía da Uvigo, non gañei e publicaron os meus textos igual, por pena supoño. Tamén grazas a editorial Malafera e ao seu Fanzine Zinesfera V.1.Todo o que escribo fágoo moi quietiña para que non me vexan demasiado. Dame pánico recitar en público. Dame pánico que alguén me lea e ao mesmo tempo quéntame o corazón. Todo o que escribo fágoo por supervivencia. Desde que o normal é vivir nunha pandemia mundial deixei de escribir e até que a escritura me salve de novo todo o que ledes é dunha Marinha da que xa nin me lembro. Outros datos: son medio xéminis medio tauro, o cisheteropatriarcado e o capitalismo fanme chorar e a miña cor favorita é o amarelo.

Aïcha Villaverde (@aichavr_)

Chámome Aïcha, teño 20 anos e nacín na Coruña. Hai tres anos que cheguei a Vigo para estudar Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios e a día de hoxe estudo Interpretación e Historia da Arte. Creo que autodescribirme é o máis aburrido do mundo, así que direi que me gusta escribir, debuxar, cantar, interpretar e xogar videoxogos. Tamén me gustan as pedras e cristais. Por certo, son saxitario con ascendente en escorpio e lúa en acuario.

Lucía Núñez Alonso (@pintandoamona)

Hai uns anos descubrín un novo xeito de invertir o meu tempo libre facendo algo co que me sinto eu na miña plenitude. Debuxar como desconexión é a miña dosis de enerxía e o momento no que me atopo comigo mesma. Dende que transformo recordos en liñas,non concibo outra forma de vivir que non sexa “pintando a mona”.

Julio López (@sydjulio)

Atopei na fotografía química, vai xa un ano (marzo de 2020), o que a día de hoxe é a miña vía favorita para explorar, xogar, aprender e sentir. Probando e probando vou comprendendo a mecánica e a óptica da fotografía analóxica, e desfruto no camiño de retratar as persoas e os
lugares importantes da miña vida.

Charo López (@lumevaga__)

Hola! Soy Charo y mi alias artístico es Vaga. Soy de El Bierzo pero actualmente estudio Ilustración en Ourense. Para mí el arte es un punto de encuentro conmigo misma, una especie de salida de emergencia. Me gusta hacer lo que me sale.

Lydia Álvarez (@itslydialv)

Son Lydia, estudante de Publicidade en Pontevedra. Son un pouco nómada pero sei perfectamente que Galiza sempre será a miña casa. Se fai dous anos puidera ver todo o que fixen e podo lograr estaría súper orgullosa xa que fun crecendo e, sobre todo, encontrándome conmigo mesma . Agora mesmo, estou enfocada no deseño gráfico e ilustracións dixitais pero nunca cerrarei a mente a outras ramas. Espero que vos guste o meu traballo 🙂 Moitas grazas e saúdos!

Lili Algo (@lili.algo)

Chámome Lili e estudo Belas Artes. Gústame moitísimo a ilustración, a cerámica e as cores!

E tamén crear persoaxes que amosen certos sentimentos e realidades que non son tan doadas de explicar coas palabras. Traballo moitas veces coa cotidianeidade, a fantasía e os recordos de cando era pequena. Ademais disto… tamén me gustan moito as rás! Espero transmitirvos cousas lindas a través dos meus debuxos ❤

Laura Domínguez Carnero (@laurakarnero)

Ola! Eu son Laura. Dende que teño uso de razón, vivo marabillada coas artes e as súas manifestacións, ademais de co impulso de crear. Actualmente curso 1° de Belas Artes e trato de adentrarme pola miña conta no mundo da tatuaxe, dende fai xa case un ano. Quédame moitísimo por aprender e descubrir, e por iso desfruto xogando e explorando con novas posibilidades.

Dre Otero (@notaltright)

Sempre en crisis existencial. Toda unha vida desexando contar historias ilustrando e a afinidade artística chegoume moi tarde. Agora son maior e cínica. Só como plantas e planto moito. Levo o punk gardado nun recuncho do corazón, ao lado dos trabazos do meu gato.

Marta Queiruga Balado (@martusmundus)

Marta ou Martus, chamádeme como vexades. Son da vila Redondela, capital cultural do mundo (ou case). Vomito cousas a través da ilustración dixital e do deseño gráfico. Non sempre me gustan, pero gozo do proceso.  

Serving parvoeira realness.

Sofía Hidalgo (@_orballo)

Ola! Son Sofía, vivo en Pontevedra e dedícome á ilustración e ao gravado, mais tamén disfruto moito de escribir. Debuxar é algo que sempre necesitei facer, e cos anos esa necesidade só me levou a  ter claro que iso era ao que me quería dedicar. Pero tampouco deixei nunca de escribir, ao fin e ao cabo o que me satisfai é plasmar o que sinto, o que teño dentro, sexa con trazos, palabras ou a mezcla de ambas.

Natalia R. Juan (@natasdrafts)

Son Natalia R. Juan e son de Santiago de Compostela. Estudo Belas Artes en Pontevedra e a verdade é que estou encantada, como adoito dicir “estou na miña salsa”. Dentro deste mundo tan amplo da arte atópome moi a gusto facendo collages e pintando con carga matérica. Gústame recoller obxectos que a xente tira ao chan e darlles outra vida nas miñas obras. Por agora isto é ao que adico o meu tempo, pero estou aberta ao que veña!

Alba Otero (@filloasdesangue)

Boas, chámame Alba e veño de Vigo. Gosto moito de pintar cando as ideas e o tempo o permiten. Certo é que non son moi constante pero disfruto moito da pintura. Agora estou estudando arte e deseño en Barcelona pero a ver que depara o ano que ven 🙂

Ana Beloso (@lithium_4)

Ola! Chámome Ana, teño vinte anos e estudo en Santiago; aínda que son de Vilaboa, un concello da Ría de Vigo. 

Desde pequena sempre me gustou a literatura. Ao principio intenteino coa narrativa, pero supoño que resultei ser demasiado impulsiva como para escribir algo con tanta planificación. 

Os meus poemas nacen dunha arroutada do momento, de cousas que pasan moito tempo rumiando na miña cabeza e explotan de repente. Agardo que este vos guste, aínda que só sexa un pouquichiño.

Mar Tobío (@sonunperiquito)

Chámome Mar, son de Santiago e son recén graduada en belas artes. Durante a cuarentena comecei a probar novos estilos e a traballar con debuxo dixital e fotografía, cambiei o meu traballo completamente e estou moi contenta co que estou conseguindo. Agora utilizo o debuxo como o meu método de expresión e como unha vía de escape. Encantaríame ser capaz de expresar ao mundo todo o que sinto.

Marta Lomba (@fdefotoos)

Son coñecida coma Marta Lomba (mdemartiis para os amigos). Considérome unha persoa creativa, activa, alegre e única, obsesionada das luces e amante do pemento 🌶. Nos meus ratos libres estudo Publicidade e Relacións públicas na UVigo e fago fotiños. Amante dos michis e dos cans. Non podo sair da casa sen a cámara ou o móbil na man.

Gema (@jpggema)

Miña nai é unha apaixoada da fotografía e na miña casa nunca faltou unha cámara. Supoño que iso foi a primeira pedra no meu camiño “artístico”, que hai uns meses me levou a crear @jpggema. Dende entón, trato de coñecerme e explorarme a min mesma a través das fotos e textos que publico.

Marta Gonza (@sal.yodo.fiereza)

Son Gonza. Son fanática do amor, de amar, das mulleres que me rodean e do mar. Escribo as cousas chulas e as difíciles que me pasan pola cabeza, intento facer algo lindo con iso e ás veces quedo máis ou menos cerca de conseguilo.

Xaime (@_supermerda)

Chámome Xaime (@_supermerda) e fago debuxos cheos de movemento e cores suaves e reconfortantes, nos q falo de cousiñas moi cotiás para a nosa xeración, coma poden ser o paso do tempo, o medo e a frustración, os afectos ou as contradiccións; coa intención de amosar q son realidades comúns a todas nós e q a mellor forma de abordalas non é outra que o apoio mutuo. Penso q ata os sentimentos q máis nos revolven por dentro podense abordar dun xeito amable e q ata nun territorio tan dominado polo consumo voraz como é insta poden existir espazos nos q teñan cabida as emocions, a introspección e a pausa.

Candela Ordóñez (@moitomorro.arte)

Eeeeeencantada! Chámanme Candela, Cande, Candi e incluso ás veces Candu. Teño 22 anos e gradueime fai nada como Educadora Social. Durante anos escoitei que “El mundo es de los valientes” pero máis tarde cheguei á conclusión de que en realidade é das persoas que lle botan MOITO MORRO. Sempre pintei bastante a mona en tódo-los sentidos e fai pouco decidín que era o momento de ensinar o que fago porquesíporqueyolovalgo, qué carallo! 

Ana Dopazo (@vergonhenta)

Son Ana e o meu Instagram é unha ventá aos meus recordos pola que todo o mundo pode mirar

Paula Fernández Ochoa (@paulavoigtlander)

Hace un año mi padre encontró en el desván la antigua cámara de mi abuelo. Desde entonces la llevo conmigo en cada viaje, expectante de cualquier simpleza que represente la belleza de las pequeñas cosas y captarlas con un “click”.

Uxía Míguez (@cositastristess)

Mi nombre es Uxía (@cositastristess) y empecé con mi cuenta de instagram hace menos de un año. El propósito inicial de la cuenta era compartir mis “cositas tristes” debido a que estaba pasando por una época bastante mala, pero a lo largo de los meses se ha acabado convirtiendo en un espacio donde comparto las artistas que me inspiran y las cosas que siento, que vivo y que me emocionan. @cositastristess me ha ayudado a aceptar mis emociones, desarrollar más mi parte artística y a conocer a personas maravillosas. 

Branca Trigo Cabaleiro (@brancatrigo, @feracorrupia)

Branca Trigo é unha poeta e música viguesa. Tense achegado tamén ao mundo da regueifa. Actualmente estuda filoloxía e é editora en Malafera.

Andrea González Rodal (@anglezro)

Son Andrea González Rodal e vivo en Cangas do Morrazo, Pontevedra. O meu nome en redes é @anglezro. Gústame moito escribir e teño un blog chamado “Fan de lo inesperado”, que comencei xa fai varios anos.

Laura Coedo Costa (@lauracoedo)

Ola! Eu son Laura Coedo Costa (ou Coco, pra os amigos), estudo Publicidade e RRPP na cidade de Pontevedra, pero nacín en Oleiros, A Coruña, e alí levo vivindo 20 primaveras (son aries <3). Gústame probar sempre cosas novas e aprender moitos hobbies, pero as miñas aficións principais son escoitar música, o deseño e sacar fotos ao ceo. Podería pasarme tardes enteiras sentada frente ao mar, por iso creo que o meu deporte favorito é o surf. Nestas liñas intentei resumir un pouco a miña esencia, espero que vos guste o meu traballo ❤

Belén Teiga (@belteiga)

Crieime nunha cidade amurallada e será pola sensación de encerro que sempre escribín para entender o mundo e entenderme a min. Non soporto que non pase nada, é por iso que prefiro o estrés aditivo da vida en directo. Falo moito, pero tamén escoito, de aí que busque o meu futuro na radio.

Ao final todo se pode resumir en: o valor do tempo, a relatividade das cousas e a importancia dunha boa canción de peche.

Carmen Castrillo Sotelo (@carmencass_)

De cativa, meu pai adoitaba recitarnos a meu irmán e a min poemas dunha colección propia; foi cando comecei verdadeiramente a sentir paixón polo xénero. Durante a secundaria empecei cultivar eu mesma o meu interese grazas ás novas voces poéticas que xurdían por España, estrañando sempre unha maior representación na poesía en galego, e aventureime a escribir os meus primeiros relatos poéticos e poemas en castelán.

Cando empecei a carreira decidín que escribiría en galego; para min é esencial que o meu ideario e a miña paixón poidan convivir e se realicen o un polo medio da outra.

Dende entón, fun publicando poemas nas redes sociais no meu usuario persoal de instagram e twitter; nos últimos meses, comecei a deseñar láminas que adoitan ter moi boa acollida e, aínda que non cheguen a moita xente, sinto moita satisfacción cando son apreciadas alí onde si chegan.

Ainoa Simons Alcántara (@ainoasimons)

Chámome Ainoa Simons e teño dezanove anos. Dende nena sempre me gustou pintar e
debuxar e agora estudo belas artes. Para os meus amigos e a xente que me coñece son “esa
rapaza que pinta” ou “esa rapaza que pinta tan ben”. En certo modo para min é algo
terapéutico, cando pinto os únicos problemas están no papel e teñen fácil solución. Son eu a que ten todo o control e todas as respostas. É un mundo a parte onde todo vai ben e cando non sempre sei que facer. As veces tamén escribo, non sei se poemas ou que son, só sei que me saen así.

Candela Eirea Orro (@_cceeoo_)

Son dunha vila de enfrente de Vigo, Cangas (aínda que dende fai anos para min pasou a ser Tangas por unha pintada nun cartel). Estou en primeiro de Belas Artes e a verdade é que estou espectante a ver que me trae todo este novo mundo. Non teño moi claro nin que tipo de arte quero facer nin a que dedicarme, pero estou disfrutando moito experimentando con todo o que vai chegando.

Elena Bengoa (@ebengoaa)

Son Elena Bengoa, estudante de Publi e RR.PP. en Pontevedra, natural de Santiago (a moita honra). A penas teño un pé metido no mundo do deseño gráfico e a ilustración dixital, mais espero poder (algún día) converter o que me gusta no que me dea de comer. Ata entón, espero que disfrutedes dos meus inicios.

Miguel Romero (@miguell_romero)

Ola, son Miguel. Dende que estamos nestes tempos revoltos nos que estamos, decidín dedicarlle máis tempo ao debuxo (de maneira non profesional) e á escritura, algo que antes facía pero apenas nada. Agora é case parte do meu día a día e disfrútoo como cando era cativo!